Éxito de participación na Gala da Diversidade 2010 organizada por ABAGAL2010-02-21 13:46:57
A cuarta edición da Gala de Diversidade que celebrou a Asociación o 21 de febreiro no Teatro Principal de Santiago acolleu a un grande número de participantes que disfrutaron dun espectáculo organizado, coma todos os anos, coa finalidade de sensibilizar á sociedade sobre a incidencia dos trastornos da conducta alimentaria.
A gala, que estivo conducida por Sevi Martínez e Clara De Saá e foi retransmitida en directo pola Radio Galega, comezou coa intervención do dr. Martinez Olmos, endocrinólogo, que realizou unha introdución da problemática destes trastornos alimentarios.
No evento participaron de xeito altruista numerosos artistas galegos: o humorista Pedro Brandariz, María do Ceo, Ce Orquestra Pantasma, Roberto Vilar, Ballet Sudio, o Coro e Rodalla da Compañía de María de Santiago, o pianista Andrés G. Pichel, o Mago Adry e Gloria Ferreiro e Mela Casal.
A gala rematou cun “desfile da diversidade”, no que participaron xente de todas as tallas e idades co obxecto de desmitificar os actuais desfiles de moda que empregan a talla 36.
A gala contou coa colaboración do Concello de Santiago que lle cedeu o Teatro á Asociación para a celebración da gala, que foi presentada en rolda de prensa o día 18 en pola presidenta de ABAGAL, María Flora Caijide, e a concelleira de Benestar Social Mar Martín en Santiago de Compostela.
O Obradoiro CAB dedica o partido de hoxe a ABAGAL2010-02-07 16:26:39
O club de baloncesto Xacobeo Blu:sens Obradoiro dedicou o partido celebrado hoxe no multiusos Fontes do Sar fronte ao Caja Laboral á Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia. Durante o encontro, ABAGAL tivo oportunidade de distribuir material promocional entre o público asistente, dentro da súa campaña de sensibilización á opinión pública sobre os trastornos da conducta alimentaria.
A presidenta da asociación, Maria Flora Cajide, acompañada por membros da xunta directiva, presenciou o encontro desde o palco e, en nome de ABAGAL, agradeceu ao equipo directivo do Obradoiro CAB a súa colaboración con esta iniciativa solidaria.
Abagal realiza una campaña divulgativa en el último trimestre del año2009-11-14 12:46:24
La Asociación ha intensificado su actividad durante el último trimestre del año, con el desarrollo de una campaña de comunicación, con la colaboración de la Diputación de A Coruña, que tiene como principales ejes la puesta en funcionamiento de esta nueva web y la edición de material divulgativo.
Con estas iniciativas, la Asociación quiere iniciar una fase de mayor acercamiento a la opinión pública y una mayor visibilidad de sus servicios, con el objetivo de contribuir al conocimiento de los trastornos alimentarios y a una más completa información para los afectados y sus familias. El material divulgativo será distribuido en los centros de enseñanza secundaria y bachillerato de Galicia.